Convocada a VII edición do Concurso de Fotografía Concello da Capela

O concurso, que conta co patrocinio da Deputación da Coruña, leva como temática “A Capela, turismo natural” para por en valor o atractivo turístico do nosos concello e promover así as visitas ao mesmo.

A data de inicio será o 15 de xullo de 2022 e admitiranse fotografías ata o día 15 de agosto de 2022, incluído este.

Poden participar fotógrafos profesionais e afeccionados, para o cal deben rexistrarse e subir as imaxes na web www.volveremosacaaveiro.es.

Animamos a toda a veciñanza a participar .

Anterior Servizo de información das Fragas do Eume