Servizos públicos

  • SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS.

O Concello da Capela xestiona directamente o servicio Municipal de auga mediante unha rede que actualmente abastece os principais nucleos de poboación do Concello, As Neves, Estoxa, Poboado do Eume, Sande, Vilarón, etc. A Captación de auga faise no río Belelle, mediante unha estación de bombeo, filtrado e depuración situada no lugar de Xasén; dende aqui, a auga elévase ata un depósito elevado dende o cal discorre por gravedade por toda a rede.

Estación de bombeo
Depósitos de auga

  • XESTIÓN DE RESIDUOS.

– A recollida de residuos orgánicos (contenedor verde) e selectivos (contenedor amarelo), está contratada á empresa VAZQUEZ GARZÓN S.L., que tamén fai mensualmente (segundo martes de cada mes) unha recollida de residuos voluminosos (electrodomésticos, mobles, etc.) previo aviso nas oficiñas do Concello.

– A recollida de vidrio realizase a través da empresa URBASER.

– a recollida de papel e cartón realizase a través da empresa UTRAMIC.

– Os aceites usados recollénse na “SINDICAL” en  As Neves, os últimos martes de cada mes en horario de 11 a 13 h.


  • REDE VIARIA MUNICIPAL. 

  • BIBLIOTECA MUNICIPAL.

A biblioteca municipal, está ubicada no edificio de usos múltiples de As Neves, no cal se atopan ademáis, o arquivo municipal, as oficiñas do xulgado, e outras aulas adicadas a actividades culturais.

Biblioteca municipal

  • CASA DA CULTURA.

  • CENTRO SOCIAL e DA TERCEIRA IDADE.

  • XUZGADO

  • INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS.

A Capela conta cunha completa dotación de instalacións deportivas:

– Pavillón polideportivo

– Campo de Futbol con cespede artificial

Campo de fútbol e pabillón polideportivo

– Piscina  cuberta

– Ximnasio, con sala de musculación, sala de ximnasia e saunas


  • PARQUES E AREAS RECREATIVAS.

Concello da Capela

As Neves, 46
15613 A Capela (A Coruña)

 

Horario de atención:

lun – sab 8:00 h – 14:00 h

Mapa localización

Concello da Capela - Todos os dereitos reservados