Xuventude

Este espazo da Rede, pretendemos que sexa un punto de referencia para todos vos, á hora de estar informado de todalas actividades que o Concello programa dirixidas especialmente aos xovenes, asi como tamén das distintas axudas e programas que as Administracións convocan para a xuventude.

A Participación veciñal, é un dos puntos nos que o Goberno Municipal quere facer máis incapé na presente lexislatura, e de feito, a posta en marcha do Regulamento de Participación veciñal fói o primeiro tema relevante no que o Goberno se puxo a traballar. Unha das formas máis directas de participación na vida social dun pobo é o Voluntariado, unha forma de compromiso persoal, responsable e altruista de tomar parte activa na mellora da calidade de vida da comunidade máis proxima materializada en diversidade de actuacións en areas tan diversas como os Servizos sociais, actividades culturais e educativas, salvagarda do Medioambiente, protección civil, etc. Neste ambito manteremosvos informados dos pasos que se vaian dando dende o Concello para consolidar na Capela, unha Agrupación de Voluntarios, na que terán cabida todos os veciños que o desexen.

No seguinte enlace podedes mantervos informados das accións que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado leva a cabo dirixidas a:

  • Realizar accións sociais
  • Facerse voluntario
  • Asociarse
  • Pasar o tempo libre

http://xuventude.xunta.es/direccion-xeral-de-xuventude-e-voluntariado.html

Concello da Capela

As Neves, 46
15613 A Capela (A Coruña)

 

lun – sab 8:00 h – 14:00 h

Mapa localización

Concello da Capela - Todos os dereitos reservados