ENTREGA DE COMPOSTEIROS

ENTREGA DE COMPOSTEIROS

A CAPELA PON EN MARCHA O SEU PROGRAMA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA

O Concello da Capela entregará 50 novos composteiros en vivenadas unifamiliares. Se resides nunha vivenda illada que conte cunha parcela ou horta dun mínimo 25 m2 podes solicitalo, ben chamando ao teléfono do Concello 981 45 90 06 ou ben a través do código QR que se habilitou para facer o trámite online.

O composteiro que se entregará, ten capacidade para 400 litros, debe situarse no exterior da vivenda, nunha zona sombreada e protexida das inclemencias meteorolóxicas, preferiblemente baixo unha árbore de folla caduca e en contacto directo coa terra para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores. O obxectivo da compostaxe é que a autoxestión da materia orgánica se convirta nunha práctica habitual nas zonas máis dispersas, dadas as súas incuestionables vantaxes ambientais, económicas e sociais. Trátase, en definitiva, de recuperar unha tradición asentada no rural galego, como é a segregación dos restos orgánicos para alimento do gando e/ou elaboración de compost, pero dunha forma máis óptima, hixiénica, cómoda e eficiente

Cartel e QR

Ligazón ao formulario (ver aquí)

Anterior Campaña de Neve 2024
Podes seguirnos en:

As Neves, 46

15613 A Capela (A Coruña)

lun – sab 8:00 h – 14:00 h

Manténte informado/a das novas do teu Concello visitando con frecuencia esta páxina.

Concello da Capela - Todos os dereitos reservados