Xuntos polo Nadal 2026

Xuntos polo Nadal 2026

A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Este programa levase a cabo na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), entre o día 23 de decembro de 2025 e o día 7 de xaneiro de 2026, en tres quendas diferentes, das que só se poderá elixir unha:

  • 31 de decembro de 2025 ao 7 de xaneiro de 2026 (8 días)
  • 23 de decembro de 2025 ao 7 de xaneiro de 2026 (16 días)
  • 23 ao 30 de decembro de 2025 (8 días)

O programa inclúe os seguintes servizos:

  • Estancia na residencia durante 16 días (15 noites) ou 8 días (7 noites).
  • Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión
    completa. Só se autorizará o aloxamento en habitacións individuais mediante
    informe médico que acredite a súa necesidade.
  • Desprazamento en autobús dende Ferrol
  • Actividades de animación sociocultural.

Persoas beneficiarias:
a) Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
b) Estar empadroadas nalgún concello galego.
c) Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.

Prazo de presentación de solicitudes: Dende o 11 de novembro ao 25 de novembro de 2025

Prezo da praza: As persoas participantes asistirán de forma gratuíta ao programa.

Máis información nos servizos sociais municipais.

Anterior OBRADOIRO: “MOBILIZACIÓNS SEGURAS E PREVENCIÓN DA DOR ARTICULAR”
Podes seguirnos en:

As Neves, 46

15613 A Capela (A Coruña)

lun – sab 8:00 h – 14:00 h

Manténte informado/a das novas do teu Concello visitando con frecuencia esta páxina.

Concello da Capela - Todos os dereitos reservados