Data
17 de Xullo de 2023 - 17 de Agosto de 2023
Localización
concello da Capela

O “Concurso de Fotografía Concello da Capela” está a ser xa un referente en toda a provincia, non só polo número de propostas presentadas, senón tamén pola calidade das mesmas e polo prestixio e profesionalidade do xurado.

O obxectivo deste concurso é o difundir o patrimonio histórico, etnográfico e natural do concello da Capela, no que destacan o Mosteiro de Caaveiro e as Fragas do Eume, así como promover a defensa ambiental e o ecoloxismo.

Nesta edición, do ano 2023, admitiranse fotografías que recollan escenas situadas no termo municipal da Capela. As fotografías premiaranse tendo en conta aquelas que poñan en valor o seu atractivo turístico, co fin de promover as visitas a este Concello.
A participación é libre e gratuíta e está xa aberta desde hoxe 17 de xullo de 2023 ata o 17 de agosto deste mesmo ano.

Poderán participar fotógrafos profesionais ou afeccionados maiores de idade. Para facilitar a súa participación dispoñen da web www.concursofotoacapela.es na que están publicadas as bases e abertos os formularios de participación.

Anterior Política de protección de datos