MOI IMPORTANTE!
Nin o concello da Capela, organizador do evento, nin EVENTI, o seu creador, teñen autoridade ou responsabilidade para o acceso ao Mosteiro de Caaveiro na marxe esquerda do río Eume (Pontedeume ou Monfero)
Como cortesía aos asistentes, o Concello da Capela ofrecerá un servizo gratuíto de autobuses por A Capela. O traslado farase dende a casa consistorial ata a entrada do denominado Camiño Novo, e volta. O autobús sairá do concello ás 20.00 horas. Para o regreso sairá do Mosteiro de Caaveiro ás 24:00 horas acompañado por persoal da organización. É imprescindible reservar asento e mostrar a reserva ao condutor tanto á saída como á volta.
Desde a entrada do Camiño Novo hai que facer o resto do traxecto a pé. Trátase dun percorrido duns 3 km por estrada de zahorra, e de aproximadamente 200 metros finais por carreiro como o da imaxe, con subidas e baixadas. Recomendámosche levar calzado e roupa axeitados para camiñar por sendeiro de monte e levar unha lanterna á volta.