O día 5 de novembro terá lugar a VIII edición do trail Mosteiro de Caaveiro, que percorrerá sendeiros no noso concello e que terá punto de paso polo mosteiro.
A proba contará con 3 percorridos, sendo 2 deles cronometrados: o percorrido longo, de 28 km e con 2400 m de desnivel acumulado, e o percorrido curto, de 16 km cun desnivel acumulado de 1500 m. A proba non competitiva será unha camiñada de sendeirismo de 1300 m de percorrido e cun desnivel acumulado de 1154 m
Toda a información da proba pode consultarse na web oficial: https://trailmosteirodecaaveiro.es