Volve a noite máxica ao mosteiro de Caaveiro.
O evento “Noite no Mosteiro” ten como obxectivo poñer en valor o principal recurso turístico do concello de A Capela: o mosteiro de Caaveiro, así como fomentar e dar a coñecer a cultura e tradicións populares deste Concello.
O acto principal terá lugar á noite, e consiste no acendido da iluminación escénica do Mosteiro de Caaveiro, creando unha estampa que varía en cada edición. As imaxes circularán por Internet, chegando a calquer punto do planeta.
A asistencia é libre e gratuita.
Prégase o máximo respeto e coidado do conxunto arquitectónico e da sua contorna.
MOI IMPORTANTE!
Nin o Concello da Capela, organizador do evento, nin EVENTI, promotora do mesmo, teñen competencias nin responsabilidade sobre os accesos ao mosteiro de Caaveiro pola marxe esquerda do río Eume (Pontedeume ou Monfero).
Como cortesía aos asistentes, o Concello da Capela ofrecerá servizo gratuito de autobús por A Capela. O traslado farase dende o Concello ata a entrada do denominado Camiño Novo, e retorno. Os buses sairán do Concello ás 19:00h e á volta, do Camiño Novo ás 01:00h aproximadamente. É imprescindible reservar praza e amosar a reserva ao conductor tanto á ida como á volta.
Dende a entrada do camiño novo, o resto do traxecto deberá facerse a pe. É un treito dun 3 kms por camiño de zahorra, e aproximadamente 200 metros finais por sendeiro como o da imaxe, con subidas e baixadas. Recomendamos levar calzado e roupa apropiados para camiñar por sendeiro de monte, e levar lanterna para o regreso.
PROGRAMA PREVISTO*:
- 20:00h: actuación do grupo de folclore Silbarda da asociación Airiños da Capela
- 21:30h: concerto de zanfona a cargo de Óscar Fernández
- 23:00h: concerto do grupo folk Encrucillada
- 23:30h: acendido da iluminación escénica do mosteiro
- 24:15h: performance Natura
- 24:25h: fin do evento
*O programa pode presentar cambios por motivos imprevistos.