Dano Cerebral Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns impartirá o día 8 de abril a charla informativa: ‘Aproximación ao dano cerebral adquirido’. Durante a sesión, que durará aproximadamente 1h 30min, trataranse os seguintes contidos: que é o dano cerebral, principais causas facendo fincapé no ictus, factores de risco e sinais de alarma do ictus, principais secuelas do DCA e os recursos asociativos que existen en Galicia para a atención e apoio específicos para esta discapacidad.
Será unha charla práctica, útil e moi interesante, dirixida á poboación xeral e impartida por profesionais do Dano Cerebral Adquirido.
As persoas interesadas poden escanear o código QR, que levará a un formulario, ou apuntarse directamente no concello, de forma presencial ou por teléfono. A actividade levarase a cabo no local social e precísanse un mínimo de 10 persoas para a súa realización.
CARTEL (ver aquí)