A vindeira semana comeza o prazo para inscribirse no campamento “Verán Concilia”, organizado polo Concello da Capela, para nenos de 3 a 12 anos.
Haberá dúas modalidades de horario: madrugadores (de 8.30 a 14.30) e estándar (de 9.30 a 14.00) e dúas quendas (xullo e agosto).
Para información sobre prezos, orde de preferencia na asignación de prazas e forma e datas de pagamento deberanse consultar as bases.
A documentación a achegar xunto á solicitude é a seguinte:
– DNI ou partida de nacemento da nena ou neno participante.
– Tarxeta sanitaria da nena ou neno participante.
– Autorización asinada do tratamento dos datos de carácter persoal
– Xustificante do/s proxenitor/es ou titor/es de estar traballando, se é o caso (contrato
laboral, vida laboral ou outros que acrediten a actividade laboral).
– Certificado de empadroamento do menor, no caso de non autorizar a súa consulta
na solicitude.
– Xustificante de matrícula do CEIP Mosteiro de Caaveiro, no caso de non ter
empadroamento no Concello.
– Certificado de empadroamento do familiar que resida no Concello da Capela, no
caso de que o/a menor non estea empadroado no municipio.
A listaxe provisional de admitidos publicarase o 6 de xuño nesta páxina web.
Para calquera dúbida poden solicitar información na Casa do Concello de forma presencial ou chamar ao 981459006.