Ruta máis alá dos eidos
Da Casa do Pazo ao Parque Etnográfico do Sesín
“Home e natureza… un pacto non escrito”
1.-Visitaremos a Casa do Pazo (Museo etnográfico da Capela)
2.-Logo de visitar o contorno da Casa do Pazo (lavadoiro, Igrexa Parroquial de Santiago da Capela,..) iniciamos a ruta observando a interrelación entre a paisaxe agricola (terras de labor, prados de sega, sebes, valados…) e os seres humanos, escenario de harmonía natural e histórica.
3.-Adentrámonos no monte no que predomina o mato (toxo, queirugais, …) para achegármonos ás penas da Aira de Mallar onde nos sorprenderán as plantillas esculpidas na rocha polos canteiros para labrar as pezas dos fornos. A uns metros atopámonos coa Pena dos Mosqueiros onde contemplaremos cazoliñas, cruces de demarcación,.. e unha impresionante vista do Canón e das Fragas do Eume.
4.-Volvemos ao Gunxel “antigo”, unha aldea de casarío denso con interesantes mostras de arquietectura popular da zona.
5.-Chemamos ao Parque Etnográfico do Sesín. Un percorrido onde se rende homenaxe aos homes e mulleres qaue durante séculos souberon explotar os recursos que o Medio lle ofrece – máis alá dos eidos – dun xeito racional, sen esgotalo nin destruilo. Froito desa intervención milenaria quedounos un rico patrimonio etnográfico vencellado á explotación deses recursos: as foias decarbón, osoutelo, a recollida de plantas, cortizas, mel,… e interesantes mostras da arquitectura popular: muiños, presas, regos de levada, curripas, pontes.
6.-Chegados á ponte viramos á esquerda por un antigo camiño real. En pasando o lavadoiro atravesamos o Gunxel “novo”, unha aldea xurdida a carón da estrada da Central, cara o Pazo.
E se queda tempo podemos acercarnos a:
- As penas do Cervo e do Redondo, dous impresionantes bolos graníticos separados por un corredor.
- A aldea de Paces seguindo o camiño real desde a ponte.