Ruta do Forgoselo

ruta do Forgoselo

“Un xigantesco e variado mosaico de ecosistemas e paisaxes”

1.-Partimos hacia o Ameneiro sesde a Igrexa de San Boulo do S.XIII, a ábsida e a fachada do XIX; no seu adro hai un sarcófago antropomorfo e nas cercanías (no lugar da Porta) quedan vestixios dun asentamento castreño.

2.-Tras pasar a aldea do Ameneiro comenza omato, onde pacen vacas e cabalos en liberdade co fondo dos “muiños” de vento.

3.-Chegamos á area de lecer do Curro do Forgoselo. Podemos contemplar o recinto onde se celebra a festa da “rapa das Bestas” e unha mámoa.

4.-Diriximos os nosos pés hacia o Sur pola pista que vai a Goente por un roteiro cheo de contrastes no que podemos observar amplos vales surcados por pequenos regatos, monte baixo no que alternan piñeirais, fragas, brañas e queirugais, pequenos outeiros; todo salpicado por rochas de formas e tamaños variados, orixinando un conxunto cunha beleza suave e tranquila.

E se queda tempo podemos acercarnos a:

  • a pena dos tres pés, curiosa rocha capricho da erosión desde onde se ve unha grande pradaría adicada á cria e engorde de becerros do Forgoselo.
  • seguindo a indicación “Parque eólico do Forgoselo” podemos acehegarnos á aldea abandoada de Vilarbello e ao mirador de Racamonde cunha vista impresionante de toda a comarca.

Concello da Capela

As Neves, 46
15613 A Capela (A Coruña)

 

lun – sab 8:00 h – 14:00 h

Mapa localización

Concello da Capela - Todos os dereitos reservados