Ruta do Eume

“Verdor, frescura, contraluces, humidade, unha infinidade de formas de vida”

1.-Adentrámonos nas Fragas por unha das zonas de mellor accesibilidade. Acompañados pola sinfonía musical do Eume e dos regatos que van aos seu encontro transitamos por zonas nas que a vida cobra miles de formas diferentes; cada unha delas peza imprescindible dun ecosistema tan fráxil como pertinaz e lonxevo.

2.-Cando o camiño se estreita estámonos aproximando ao conxunto monumental de Caaveiro, de obrigada visita.

3.-Desde Caaveiro baixamos para atopármonos na ponte de Santa Cristina co pai Eume, verdadeiro eixe do Parque Natural.

4.-De volta seguimos o curso do río pola súa marxe esquerda rodeados de ameneiros, freixos, salgueiros… que forman un bosque dentro do bosque ao crearen nas ribeiras do río un espazo especialmente fresco, sombreado e rico. Contemplaremos como en cada gota que flúe nos rápidos, pozas, rochas e nas beiras, bule a vida.

5.-Na desembocadura do San Bartolomeu atopámonos coa minicentral hidroeléctrica de O Parrote, antesala da da Ventureira que se fornece do encoro do Eume.

E se queda tempo podemos acercarnos a:

  • Central vella, a recámara e a fervenza do Teixido.

Concello da Capela

As Neves, 46
15613 A Capela (A Coruña)

 

lun – sab 8:00 h – 14:00 h

Mapa localización

Concello da Capela - Todos os dereitos reservados