Noite no Mosteiro

O evento “Noite no Mosteiro” ten como obxectivo poñer en valor o principal recurso turístico do concello de A Capela: o mosteiro de Caaveiro, así como fomentar e dar a coñecer a cultura e tradicións populares deste Concello.

O acto principal terá lugar á noite, e consiste no acendido da iluminación escénica do Mosteiro de Caaveiro, creando unha estampa que varía en cada edición. As imaxes circularán por Internet, chegando a calquer punto do planeta.

A asistencia é libre e gratuita.

Prégase o máximo respeto e coidado do conxunto arquitectónico e da sua contorna.   

O evento está organizado polo Concello da Capela, co financiamento da Deputación da Coruña.

Cómo Chegar.

A circulación e o acceso ao mosteiro por Ombre (Pontedeume) non están permitidos aos vehículos non autorizados.

Concello da Capela

As Neves, 46
15613 A Capela (A Coruña)

 

lun – sab 8:00 h – 14:00 h

Mapa localización

Concello da Capela - Todos os dereitos reservados