Gastronomía

As características que definen a gastronomía da Capela son a calidade dos productos da terra, a cociña familiar e artesanal feita con esmero, e a elaboración con productos naturáis.

O producto máis  destacable de A Capela é o Requeixo, ao que se adica unha festa gastronómica que se celebra o último domingo do mes de agosto. O Requeixo Elabórase nesta zona dende hai moitos anos, tendo as súas orixes nos gandeiros que transmitiron, xeración tras xeración, a técnica da elaboración tradicional deste derivado lácteo. De feito, posúe unhas características especiais que fan que a súa ubicación se centre nesta zona e se diferencie de productos típicos doutras zonas de España e do extranxeiro.
Ademáis, se ben o producto pódese consumir so, o habitual é servilo acompañado de azucre, mel ou sirope, polo que se incrementa o aporte protéico. Por outra banda, é importante sinalar que tamén utilízase como ingrediente en multitude de pratos tanto salgados como doces.

requeixo con noces e mel

Concello da Capela

As Neves, 46
15613 A Capela (A Coruña)

 

lun – sab 8:00 h – 14:00 h

Mapa localización

Concello da Capela - Todos os dereitos reservados