Fragas do Eume
O parque natural das Fragas do Eume recolle o mellor bosque atlántico costeiro de Europa cunha flora e fauna en algúns casos con especies en perigo de extinción.
Hoxe en dÃa a súa enorme importancia patrimonial e ecolóxica ven constatada pola xenialidade dunha paisaxe semellante á que hai miles de anos abondaba en Galicia.
Este espacio -de algo máis de 9000 hectáreas -, forma parte da cunca do rÃo Eume, podéndose defini-la gran maiorÃa do seu terreo como de media montaña, e caracterizándose a súa paisaxe por unha forte antropización.
A zona caracterÃzase por posuÃr unha xeoloxÃa variada, contando cun valor paisaxÃstico e xeolóxico moi importante. Inclúe materiais pertencentes a dous dominios diferentes e granitoides diversos, asà como depósitos terciarios e recubrimentos cuaternarios.
As rutas de sendeirismo do Concello da Capela transcurren polas Fragas do Eume, e constituen un exemplo de conservación e disfrute do particular ecosistema deste entorno protexido.
Nas Fragas do Eume, encóntranse numerosas mostras da existencia dunha cultura megalÃtica importante.
O maior esplendor histórico artÃstico está relacionado co medioevo, representado polo Mosteiro de Caaveiro (declarado monumento histórico artÃstico).
Para protexer este espacio natural de tan alto valor, as Fragas do Eume foron incluidas na Rede Natura a nivel da Unión Europea en virtude da Directiva 92/43/CEE do Consello, de 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres (Directiva hábitats), con obxecto de salvagardar os espazos naturais mais importantes de Europa, como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) dentro das Zonas Especiais de Conservación (ZEC)