Axuda a domicilio

Os Servizos Sociais, conforman un dos pilares fundamentais nos que se basea o programa do actual grupo de Goberno do Concello da Capela, e ao que se adica unha boa parte do presuposto municipal.

Concelleira responsable da área de Servizos Sociais:
Dna. María Rocío Permuy Ramudo
Teléfono: 

Servizos Sociais de Atención Primaria

Os Servizos Sociais de Atención Primaria da Capela constituén o nivel máis próximo a cidadanía e son a porta de entrada ó sistema público de Servizos Sociais, que teñen por obxecto promover o desenvolvemento do benestar social da población da Capela mediante o fomento da acción social.

O equipo de Servizos Sociais está formado por unha Traballadora Social, que coordina os programas de Información e Orientación e o Programa de Axuda no Fogar. Neste Programa prestan servicio duas Auxiliares de Axuda no Fogar da plantilla municipal, e outras catro traballadoras estan contratadas a unha empresa externa para a atención das persoas valoradas cómo dependentes.

Para calquera consulta, pódese acudir ás oficiñas de Servizos Sociais situadas no baixo da Casa do Concello. O horario de atención ao público é de 8:00 a 14:00 horas os luns, mércores e venres. Os martes e Xoves, visitas a domicilio.

Servicios Sociais de Atención Primaria:

Mª América Uceira Criado
Traballadora Social
Teléfono: 981 45 90 37

Programa de axuda no fogar

Este programa esta coordinado pola Traballadora Social e traballan un total de seis Auxiliares de Axuda no Fogar.

Existen duas modalidades de acceso ao Servizo de axuda no Fogar, que se producen a través dos servizos sociais de atención primaria:

1.- Será directo para persoas que tendo recoñecida a situación de dependencia se lles asigne este recurso na resolución do Programa Individual de Atención.

2.- Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, logo da prescrición técnica favorable dos servizos sociais de atención primaria, resolverase en réxime de libre concurrencia.

Este programa ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadota, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestructuración familiar.

Son obxetivos do programa de axuda no fogar:

Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, para que permanezcan no seu entorno, facilitando a súa autonomía personal na súa casa, procurando recuperar as redes de relación familiar e social, para previr situacións de dependencia ou exclusión social, evitando no posible a institucionalización da persona e reforzar a solidariedade e o voluntariado social.

As atencións, de carácter básico, que se poden prestar no Servizo de Axuda no Fogar, de conformidade coa valoración técnica realizada polos servizos sociais que en cada caso correspondan, son:

  • Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria (hixiene persoal, cambios posturais, alimentación, etc.)
  • Atencións de carecer persoal na realización doutras actividades da vida diaria, tales cómo acompañamento fora do fogar, xestións.
  • Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales cómo limpeza, compra de alimentos, lavado e coidado das prendas de vestir e coidados básicos da vivenda.
  • Atencións de carácter psicosocial e educativo.

Concello da Capela

As Neves, 46
15613 A Capela (A Coruña)

 

lun – sab 8:00 h – 14:00 h

Mapa localización

Concello da Capela - Todos os dereitos reservados