Accesos

A Capela é un concello situado ó norte da provincia da Coruña, culminado pola Serra do Forgoselo e lindeira co concello de San Sadurniño ó norte. O río Eume e o seu val constitúen un límite natural co concello de Monfero ó sur. Ó leste compártese fronteira co concello de Cabanas, tendo territorio colindante tamén cos concellos de Fene e Neda.

O termo municipal da Capela, cunha superficie de 59 km2, está dividido en tres parroquias: A Capela, Caaveiro e Cabalar, e pertenece á comarca do Eume.

Ten unha poboación de 1.399 habitantes a 01.01.2010

É un concello pequeno, que conta con todo o necesario para pasar uns días de lecer: amplias ofertas de aloxamentos, restaurantes, infraestucturas culturais e deportivas e animadas festas tanto patronais como gastronómicas, ou as que rememoran costumes ancestrais.

A Capela atópase a medio camiño entre Pontedeume (12 km), Ferrol (17 Km) e as Pontes (20 Km). Está moi ben comunicada pola estrada local LC-141 que une Cabanas e As Pontes e pola AC-121 entre Filgueira e Roxal, ademáis de contar cunha ampla rede de estradas municipais entre cada un dos núcleos de poboación. Dende Ferrol, Coruña, Santiago e Lugo, é facilmente accesible pola autoestrada AP-9 que nos achega a Pontedeume, collendo a LC-141 xa citada.

Concello da Capela

As Neves, 46
15613 A Capela (A Coruña)

 

lun – sab 8:00 h – 14:00 h

Mapa localización

Concello da Capela - Todos os dereitos reservados