Patrimonio
A Capela conta cun importante Patrimonio Natural, Arqueolóxico e Etnográfico.
En canto ao Patrimonio Natural, dentro da Capela atopase a parte central do Parque Natural das Fragas do Eume,que ocupa a franxa sur do Concello, unha das zoas de maior nivel de protección e na que se asenta a Colexiata de San Xoan de Caaveiro, cenovio fundado por San Rosendo no seculo IX. Toda a franxa norte está ocupada pola Serra do Forgoselo, paraxe insólito que non deixa a ningúen indiferente, e que disfruta da proteccion da Rede Natura 2000. A franxa central do Concello atopase influenciada pola conca do rio Belelle, que lle confire unha identidade propia e diferenciada respecto das anteriores; o Belelle serpentea atravesando o Concello e creando humedais e fragas de carballos, salgueiros, abeleiras etc. e deixandonos paraxes espectaculares como “Rio cuberto”, “Cabalar”, etc.
En canto ao Patrimonio Arqueolóxico, da época prehistórica e protohistórica, son de destacar, da época neolitica, a concentración de mámoas do Alto da Serra, e da Serra do Forgoselo (unhas 30, actualmente catalogadas); O poboado Castrexo do Cruceiro, na parroquia de Caaveiro, e as insculturas petreas de “a pena dos Mosqueiros” en Gunxel, e os Corregosos en Vilardemouros.
O Patrimonio Etnográfico toma unha importancia especial no noso Concello dende a creación do Museo Etnográfico de A Capela, inaugurado no ano 2006. O home e a sua relación có medio no que habita, son materia de estudo continuo neste centro de interpretación situado ao carón mesmo do Parque Natural. A arquitectura popular, tanto no referente a construccion de vivendas como de edificacións auxiliares tales que horreos, alpendres, balados, lavadoiros, etc. conta con abundantes exemplos.