Modificación puntual 1

O Pleno do Concello en sesión ordinaria celebrada o día 29 de decembro cos votos favorables dos Grupos Municipais do PSdeG-PSOE, Partido Popular e AIAC e a abstención do BNG aprobou inicialmente o documento de Modificación Puntual Nº 1 do PXOM do Concello da Capela.

Con este documento preténdese adaptar a normativa do PXOM as últimas modificacións da LOUGA e polo tanto recoller no documento do PXOM todas as melloras e ventaxas establecidas nas derradeiras modificacións aprobadas pola Xunta de Galicia.

O documento estará exposto ó público polo prazo de DOUS MESES, a partires do día seguinte da publicación no DOG e xornais “La Voz de Galicia” e “Diario de Ferrol”.

Este anuncio publicouse hoxe día 8 de xaneiro de 2013.

Pode consultarse o documento íntegro da aprobación inicial da Modificación Puntual Nº 1 do PXOM da Capela no seguinte link.

Publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña: Boletín 106 de 5 de Xuño de 2014

Concello da Capela

As Neves, 46
15613 A Capela (A Coruña)

 

lun – sab 8:00 h – 14:00 h

Mapa localización

Concello da Capela - Todos os dereitos reservados